Sargadelos algo máis que cerámica, loza o porcelana
Hoxe teño que escribir este post en galego, a miña alma ditame que e así como me sinto, como penso e como son.
A partir de mediados do século XX, unha nova iniciativa cerámica en Sargadelos, baseada na coloración en tons azulados forma parte dun grupo de empresas do sector, o grupo Sargadelos —ao que tamén pertence a cerámica de Castro-Sada—, grazas ao impulso do ceramista Isaac Díaz Pardo.
Na historia desta fábrica quero destacar 5 períodos diferentes, o primeiro de 1809 a 1832 onde xa había 25 fornos e se fabricaban 20.000 pezas ao ano e Bristol era sua inspiración.
Unha segunda etapa de 1835 a 1842 baixo a dirección do francés M. Richards cunha forte inspiración mitolóxica e relixiosa.
No terceiro período de 1845 a 1862 con Luis de la Riva á fronte e a dirección do inglés Edwin Forrester acadaron o auxe da súa expresión artística.
No cuarto período de 1870 a 1875 tentan reproducir a etapa anterior sen éxito e fracasan coa xestión da familia Ibañez, ata provocar o seu peche definitivo.
A etapa actual vai dende 1945 ata agora, aquí aparece o ceramista Isaac Diaz Pardo, que creou unha fábrica no Castro de Samoedo, lugar da parroquia de Osedo, no concello de Sada. A fábrica chamábase Cerámicas do Castro e comezou cunha serie limitada de obras de destacados artistas.
Seguiu e puxo en marcha a idea do Laboratorio de Formas, que se manifestou na recuperación da antiga fábrica de Sargadelos, cuxa planta circular foi inaugurada en 1970. Este edificio foi construído fóra dos restos do antigo conxunto industrial da fundición co interese de conservar as ruínas para as cales se obtivo en 1972 a denominación de Conxunto Histórico-Artístico, que logo pasaría a denominarse Ben de Interese Cultural.
A todos nós con sangue galego correndo polas veas gústanos tomar café con Sargadelos. Momentos cheos de boas sensacións que inclúen, por suposto, algunha “morriña” (esta sempre nos acompaña). E o azul cobalto desta porcelana colase nas mesas dos nosos recordos: nos petiscos, festas e reunións familiares, onde nunca podían faltar as cuncas, pratos, bandexas e xerras desta marca coñecida polos seus característicos deseños xeométricos.
Unha historia de 200 anos que comeza inspiradas na desexada louza inglesa da época e as súas pezas daquelas décadas son hoxe obxecto de desexo de grandes coleccionistas. Os seus deseños actuais naceron a finais dos anos sesenta cando renaceu Sargadelos e os símbolos celtas e o azul cobalto cobraron todo o protagonismo.
Hoxe Sargadelos é un dos nosos símbolos máis prezados, é arte sobre a mesa, é unha decoración innovadora e contemporánea que mira ao futuro, tamén son as súas fragrancias, os seus complementos e as súas xoias.
Atte
Jesus Vazquez Montero
Owner ElAnticuario.es